Optimizadas para ser mostradas en dispositivos de baixa resolución, o seu destino non é o papel senón a pantalla do computador. Están deseñadas tendo en conta a retícula de píxeles para que poidan ser lexibles.
Levan remate ao final dos trazos. Esto pode dificultar a lectura sobre todo a tamaños moi pequenos polo que o seu deseño é bastante complicado e precisa dun nivel de optimizado máis esixente.
Son aquelas tipografías que simulan as pantaias de cristal líquido. Teñen unha aparencia moi tecnolóxica polo que son moi apropiadas para ese tipo de deseños aínda que, debido ao avance das novas tecnoloxías, teñen un carácter máis retro.
Tamén chamadas de pao seco, son tipografías sen remates nos trazos. A súa forma simplificada faina máis apropiada para pantaias permitindo a lexibilidade en tamaños pequenos.