Con serifas

Chámanselles tipografías con serifas ás que levan remate nos extremos. Teñen a súa orixe na antigüidade, cando se tallaban en bloques de pedra. O tallador, desenvolveu esta técnica para asegurar que os bordes das letras fosen rectos.


Exipcias

Tamén coñecidas como Slab Serif ou Mecano, apareceron no século XIX para uso publicitario. A súa principal característica está nos remates, moi grosos e xeralmente cadrados e no pouco ou nulo contraste entre paos.


Romanas clásicas

Chámanse así os alfabetos baseados nos tipos clásicos romanos cortados para imprenta que apareceron no século XV, derivados das letras manuscritas italianas, e que foron evolucionando ata o século XX.


Romanas modernas

Comprende aquelas romanas que teñen tal mestura de características que non encaixan nas Romanas Clásicas. Son robustas e compactas e, polo xeral, creadas no século XIX para solucionar problemas de impresión.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)