Punta redonda

Tipografías creadas con utensilios de punta redonda como lapis, bolígrafo ou rotulador polo que non se crea ningún tipo de modulación aínda que tampouco significa que posúan forzosamente os trazos uniformes.


Bruno

Jill Bell 2000

Deseñada por Jill Bell en 2000 para Adobe, esta tipografía ten un orixe curioso. “Un día vin unha nota que escribira como recordatorio para comprar comida para gatos e fixeime nas formas das letras....


Comic Sans

Vincent Connare 1995

Quizais sexa a tipografía máis odiada da historia, non por falta de calidade senón polo mal uso e a frecuencia abusiva con que se empregou. Tanto que incluso existen varias asociacións en contra dela...


Graffio

Alessio Leonardi 1995

Alfabeto creado polo deseñador, tipógrafo e artista italiano Alessio Leonardi en 1995 para a fundición FontFont. Segundo Leonardi, “fíxena despois de ir ó cine a ver Asasinos Natos (Natural Born...


Jiffy

Fundición Linotype S. XX

Incluída na colección TakeType 4 de Linotype, esta tipografía caligráfica creada polo equipo de deseño da fundición posúe un trazo de ancho uniforme e dinámico. As maiúsculas que dominan polo seu...


Tibetan Beefgarden

Brian J. Bonislawsky 1998

Creada en 1998 polo deseñador estadounidense Brian J. Bonislawsky, trátase dunha dixitalización da letra manuscrita de Sirbo Turbo, vocalista e guitarrista do grupo Kreamy ‘Lectric Santa. Esta...


Wendy

Garrett Boge 1995

Deseñada por Garrett Boge en 1995, a tipografía Wendy está baseada nunha letra manuscrita informal dos anos 60. Boge ampliou a familia creando un xogo de tres pesos: Light, Medium e Bold. O seu estilo...


Zipty Do

Robert Alonso S. XX

Tipografía baseada na letra manuscrita do artista e deseñador tipográfico Robert Alonso, nacido en Bronx, Nova York, en 1946. Estas letras foron debuxadas nun principio cun rotulador groso e...


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)