Escritas utilizando brocha, pincel ou un instrumento parecido, estas tipografías adoitan ter uns cantos irregulares produto do exceso ou falta de auga no pincel ou do tipo de superficie na que se apliquen as letras.
Robert E. Smith 1942
Tipografía caligráfica forte e informal que simula a escritura con pincel. Foi creada por Robert E. Smith para a American Type Founders en 1942. A súa aparencia non resulta tan monótona coma a doutras...
Peter Dombrezian 1952
Tipografía caligráfica creada polo deseñador estadounidense Peter Dombreizan en 1952 para a American Type Founders. Esta letra informal e lixeiramente condensada ten uns trazos parecidos aos feitos...
Joachim Müller-Lancé S. XX
Esta tipografía foi creada polo deseñador suízo Joachim Müller-Lancé. As súas formas xunto cos trazos feitos con pincel fan dela unha letra moi singular. O seu fluxo natural, dinámico e espontáneo...
Roger Excoffon 1953
Este abecedario caligráfico foi creado polo deseñador francés Roger Excoffon en 1953 para a fundición Olive. As súas formas están sacadas directamente da súa escritura manual, destacando pola unión...