A súa aparición remóntase á Idade Media (século XIII) cando os escribas utilizaban a pluma xirada 30º para debuxar as letras. Máis tarde serian tomadas por Gutemberg para facer os primeiros tipos móbiles. Tiveron grande éxito en Europa.
Tamén coñecida como Híbrida debido á mestura de elementos cursivos con outros máis ríxidos e verticais. Foi moi empregada en códices en lingua francesa, sobre todo na rexión de Borgoña polo que tamén se coñecen como borgoñonas ou burgundias.
Tipografía de tradición xermana e gran beleza que apareceu no século XVI e que se caracterizan por uns rasgos fracturados e formas moi sofisticadas. As maiúsculas posúen unha ornamentación característica.
Chamadas Rundgotisch en Alemaña, apareceron no século XIII e foron moi utilizadas en Italia e na Península Ibérica. Caracterízanse polas formas curvas e redondeadas, derivadas das carolinxias, aínda que máis angulosas e condensadas.
Abarcan desde o século XI ata o XII. Son descendentes das minúsculas carolinxias pero deixan de lado a redondez propia dese estilo a prol dunha aparencia máis angulosa. Nesa época tamén apareceron os signos de puntuación.
Utilizadas dende o século XII ata o XV, os trazos son moi angulosos e están igualados ata formar unha especie de textura. Nos remates das letras fórmase un pé con forma de diamante.