Tipografías caligráficas baseadas nas utilizadas no período que comprende dende o imperio romano no século I a.C. ata o renacemento, no século XV. Trazadas con pluma, non posúen diferencias entre as maiúsculas e as minúsculas.
Apareceron en Roma no século III e estendéronse ata o XI. Son unha modificación das Capitalis Quadratas cunha aparencia pesada e redonda que sufriu lixeiras modificacións ao longo do tempo dando lugar á primeira letra minúscula medieval.