Definición desta palabra
Formato de tipografías postscript desenvolvido por Adobe Systems que se converteu no estándar ISO 9541. As tipografías neste formato están definidas como curvas bézier e sempre se mostran en formato vectorial, polo que son escalables a calquera tamaño sen perder calidade. Unha tipografía postscript type 1 está composta de dous ficheiros: o primeiro, de extensión .PFM contén toda a información métrica (como o espaciado e o kerning) e o segundo, de extensión .PFB contén os contornos de cada letra. Existen diferencias entre as tipografías type 1 para Macintosh e as de formato Windows que as fan incompatibles. No caso de Macintosh o arquivo dos datos métricos contén ademáis unha representación da tipografía en mapa de bits para poderla ver en pantaia. Ademáis, nas versións anteriores a MacOSX recoméndase ter instalada a aplicación ATM para a súa correcta xestión e impresión. Windows non soporta este formato nativamente nas versións ME e anteriores (98, 95 ou 3.1) polo que hai que ter instalado o ATM. En Windows 2000, XP e posteriores sí que o soporta sen necesidade da aplicación de Adobe.