Definición desta palabra
Espazo existente entre dous pares de letras (e nalgunhas ocasións incluso tríos) para corrixir problemas de ritmo tipográfico. Estes problemas xorden cando a forma de dúas letras concretas deixa un gran espazo entre elas, como por exemplo as parellas ‘A-V’, ‘T-o’, ‘L-T’, etc. Para corrixir este problema inclúese no propio arquivo da tipografía unha táboa coa relación de espazado e os pares de letras. Por exemplo, para a parella ‘AV’ daríamoslle -2, para ‘To’ sería -3, etcétera. Un problema que existe cos idiomas distintos ao inglés é que a maioría das tipografias están pensadas para este idioma, polo que moitas delas non inclúen kerning nas letras con tildes ou o no ‘ñ’. Para comprobalo podemos facer a seguinte proba: escribimos ‘Te’ e ‘Té’ e se no segundo caso existe máis separación, sería porque non se pensou no ‘é’ con til á hora de facer os kernings.