Definición desta palabra
Defínese como a separación existente entre dúas liñas de texto, ou mellor dito, entre as liñas base dese texto. Trátase dunha característica moi importante que inflúe na súa lexibilidade. Os programas informáticos aplican por defecto un interliñado automático que equivale ao 120% do tamaño do texto. Por exemplo, un texto de 10 puntos tería un interliñado de 12 puntos e un de 20 puntos tería 24 puntos de separación. En liñas moi longas debe aplicarse un maior interliñado, xa que, se as liñas están moi xuntas, o ollo humano pode perderse no percorrido entre o final dunha liña e o comezo da seguinte. No entanto, debe reducirse o interliñado nos textos con liñas curtas e tamén nos textos destinados ás pantallas, como páxinas web, porque o lixeiro aumento do interliñado aumenta considerablemente a lexibilidade do texto.