Definición desta palabra
Elemento co que se forman as letras e outros signos tipográficos e que lle confire a súa forma máis esencial. Poden ser de moitos tipos: ascendentes (se sobrepasan a altura do ‘x’), descendentes (se pasan por debaixo da liña base), curvas, rectas, moduladas, uniformes, etcétera. Por exemplo, a letra ‘P’ posúe unha asta recta e outra curva, mentres que o ‘N’ está formada por tres astas rectas.