Definición desta palabra
Estándar para definir tamaños de papel creado en 1922 pola Deutsches Institut für Normung (Instituto Alemán de Normalización). Foi desenrolado por un inxeñeiro berlinés chamado Walter Forstmann e converteuse nun estándar internacional grazas a ser acollido pola ISO 216 (Organización Internacional para a Estandarización). As medidas DIN están divididas en 5 series: A, B, C, D e E e cada serie contén varios tamaños numerados: 0, 1, 2, 3… A serie A, en concreto o DIN A0 é o formato referente e os demáis formatos e series están calculados segundo este.