DIN B

Definición desta palabra


A serie B dos tamaños DIN está calculada a partir da serie A e creouse co fin de cubrir unha gama máis amplia de tamaños de papel onde o DIN A non proporciona un formato axeitado. O procedemento é o seguinte: cóllese o valor correspondente e o inmediatamente superior da serie A e calcúlase a media xeométrica. Se por exemplo, queremos calcular o tamaño B1, collemos o valor do A1 (594×841 mm) e o do A0 (841×1189 mm) e calculamos a media xeométrica dos dous (sería multiplicar as raíces cadradas dos dous valores, √(841×1189) × √(594×841), dándonos como resultado 700×1000 mm). Así, os valores da serie B sempre son maiores que os da serie A. A relación completa de tamaños é a seguinte:

DIN B0 1000×1414 mm
DIN B1 700×1000 mm
DIN B2 500×700 mm
DIN B3 350×500 mm
DIN B4 250×350 mm
DIN B5 175×250 mm
DIN B6 125×175 mm
DIN B7 88×125 mm
DIN B8 62×88 mm
DIN B9 44×62 mm
DIN B10 31×44 mm

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)