Como instalar tipografías no computador

Definición desta palabra


O proceso de instalación de tipografías é moi sinxelo. En Windows, en “Panel de Control” hai unha opción chamada “Tipos de letra”, “Fonts” ou “Fuentes” (dependendo da versión e idioma). Ao abrila, aparecerá unha carpeta con todas as tipografías que actualmente hai instaladas. Para instalar novos tipos basta con copiar dentro os arquivos da nova tipografía e para desinstalalas hai que eliminalos ou sacalos fora desa carpeta. En Mac é moi parecido solo que esa carpeta pode estar en varios sitios. Nas versións anteriores á X, está dentro da Carpeta do Sistema e chámase “Tipos”. No MacOS X, existen varias carpetas. Para instalar tipografías que poidan utilizar todos os usuarios hai que copialas en Fonts dentro da Librería do disco duro. Para que só as poida utilizar un só usuario a instalación farase no directorio Fonts da Librería dese usuario. Existen varios programas que automatizan e simplifican a tarefa de instalar e desinstalar tipografías, como o Suitcase (de Extensis), FontExplorer (Linotype), Typograf (Neuber) ou o FontNavigator (Bitstream).


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)