Unha das tipografías máis estendidas e influentes da historia e tamén unha das mellores romanas xamais creadas foi a deseñada por Claude Garamond no século XVI en Francia. Foi votada como a tipografía do milenio nunha enquisa celebrada entre profesionais. Existe un perfecto equilibrio entre elegancia e sentido practico. A pesar do seu caracter histórico, a Garamond orixinal só foi correctamente identificada a mediados do século XX. Ata entón foran consideradas como Garamond unha serie de tipografías creadas un século despois. Hoxe en día existen moitísimas versións desta tipo, algunhas delas con máis fortuna que outras. Tendo en conta a exactitude histórica, a versión máis lograda sería a creada pola fundición Stempel en 1924 coas romanas e cursivas baseadas nos debuxos orixinais de Garamond. Na versión de Adobe, deseñada por Robert Slimbach, as romanas están sacadas dos punzóns de Garamond, do Museo Plantin-Moretus, mentres que as cursivas están sacadas dos tipos de Robert Granjon, un gravador de tipos de París. Este estilo de cursivas está influenciado polas itálicas Aldinas e polos estilos caligráficos do momento. Outras versións da Garamond están baseadas nos tipos deseñados por Jean Jannon, outro tipógrafo francés que naceu 19 anos despois da morte de Garamond.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)