Incluída na colección TakeType 4 de Linotype, esta tipografía caligráfica creada polo equipo de deseño da fundición posúe un trazo de ancho uniforme e dinámico. As maiúsculas que dominan polo seu tamaño enorme e as súas formas máis abertas, contrastan coas minúsculas, moito máis pequenas e compactas. As súas figuras non teñen unha uniformidade definida, son moito máis libres, incluso á hora de axustarse á liña base, dándolle a este alfabeto unha aparencia infantil. Con esta atmosfera persoal e espontánea, a Jiffy é unha boa opción para textos curtos ou de lonxitude media.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)