Tipografía creada por Robin Nicholas e lanzada por Monotype en 1980. Foi deseñada expresamente para ser utilizada en xornais, produto dunha extensa investigación das necesidades da industria periodística. Aínda que conserva moitas das características dos típicos tipos de periódico, algunhas das súas formas foron tratadas dunha maneira máis sobria, cun estilo máis clásico como o da Plantin. O resultado é unha tipografía altamente lexible sobre todo a tamaños pequenos e en papeis de mala calidade, con caracteres moi claros que forman bloques de textos de fácil lectura. Foi usada por primeira vez no periódico Leicester Mercury e posteriormente converteuse nunha opción moi popular nos xornais como tipografía para títulos e texto.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)