Etiquetas: ATF

Tipografía caligráfica forte e informal que simula a escritura con pincel. Foi creada por Robert E. Smith para a American Type Founders en 1942. A súa aparencia non resulta tan monótona coma a doutras tipografías similares grazas ós seus trazos espontáneos, unhas minúsculas enlazadas entre si e moi apertadas, e unhas maiúsculas moi potentes, deliberadamente irregulares que bailan sobre a liña base. Ao longo da súa historia tivo que competir con outros tipos de pincel similares pero aínda hoxe continúa sendo unha das preferidas polos deseñadores. É moi utilizada en traballos de exhibición como carteis, publicidade, titulares, etc.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)