Esta tipografía foi creada por Monotype baixo o encargo de Microsoft. Ven incluída por defecto no sistema operativo Windows e no paquete de ofimática Microsoft Office. É unha copia case exacta da Palatino, deseñada por Hermann Zapf en 1948. Forma parte dunha serie de tipos bastante criticados creados por Monotype para Microsoft e que están sacados doutras tipografías de notable éxito como a Arial (Helvética), Century Gothic (Avant Garde) ou Monotype Corsiva (Zapf Chancery).