Tipografía gótica deseñada en 1991 por el calígrafo y profesor Karlgeorg Hoefer, e que formou parte da serie “Type Before Gutenberg” (tipografía antes de Gutenberg) de Linotype. Este proxecto incluía o traballo de doce deseñadores representando os estilos aparecidos nas épocas anteriores á do famoso impresor. Está inspirada nas góticas redondas italianas e españolas de finais do século XV, sobre todo nas deseñadas por Nicolas Jenson, que chegou a crear máis tipos góticos que romanos ou gregos, empregándoos nos libros de medicina e historia que imprimiu en Venecia. De feito, o nome desta tipografía débese á Catedral de San Marco situada no centro de Venecia. As súas formas son máis vivas e menos formais que outras tipografías góticas, cunhas proporcións máis redondeadas e maior espazo en branco facéndoa máis lexible que as súas competidoras. É moi apropiada para titulares, publicidade ou calquera outro uso de exhibición.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)