A orixe da Bookman data de 1858, dun deseño de Alexander C. Phemister para a fundición Miller & Richard en Edimburgo, Escocia, chamado Oldstyle Antique. Foi deseñada para ser unha alternativa á tipografía de texto Caslon, mellorando a esta nalgúns aspectos. Tiña unhas serifas menos marcadas, os ascendentes e descendentes máis curtos e maior tensión vertical. Ao longo dos anos, moitas fundicións dos Estados Unidos fixeron versións desta tipografía que se coñeceron como Bookman. En 1975, Ed Benguiat fixo unha versión algo distinta e máis versátil para a International Typeface Corporation baseada na tipografía orixinal, engadíndolle novos pesos, ampliando a altura do “x” e regulando o contraste entre os paus para conseguir unha lexibilidade óptima. Aínda que é unha tipografía de texto tamén funciona moi ben en aplicacións de exhibición.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)