Tipografía pertencente á macro familia Rotis, que tamén contén a Rotis Sans, Rotis Semi Sans e Rotis Semi Serif. Foi deseñada por Otl Aicher en 1989 coa intención de que se adaptara a case calquera propósito. As catro familias xuntan un total de 17 variantes distintas, o que a fai moi flexible e funcional. A Rotis Serif é unha familia con serifas que comparte o ancho, peso e proporcións coas outras familias polo que se poden combinar entre si sen ningún problema de incompatibilidade. Trátase dunha tipografía facilmente recoñecible grazas á súa aparencia lixeiramente condensada e sobre todo pola forma tan singular do “C”, o “c” e o “e”. Aicher foi profesor de deseño e tivo moitos anos de experiencia como deseñador gráfico. O nome de Rotis ven da pequena vila do sur de Alemaña onde viviu.