Tipografía creada por Otl Aicher en 1989 formando parte da macro familia Rotis, dividida en catro subfamilias: Rotis Sans, Rotis Semi Sans, Rotis Serif e Rotis Semi Serif. Aínda que existen moitas outras macro familias con versións con e sen serifa e incluso cunha versión intermedia, a Rotis foi a primeira que incluíu dous pasos intermedios (Semi Sans e Semi Serif), facendo que o cambio entre un e outro sexa máis suave. A Semi Serif está máis achegada á Serif que á Sans, e a súa característica máis notable radica na ausencia de remates na parte inferior da letra, mantendo só as superiores. Combina perfectamente coas outras familias da Rotis ao ter a mesma estrutura e proporcións, podendo crear desta maneira deseños tipográficos moi sofisticados, útiles para identidade corporativa, libros, carteis, publicidade, etc.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)