Este deseño realizado polo equipo de deseño de Monotype en 1989 está baseado na escritura francesa, manual ou gravada, empregada do século XIX para avisos e invitacións formais. O tipo foi cortado por Stephenson Blake en 1905 para a fundición Inland Type e posteriormente pola American Type Founders. Trátase dunha tipografía caligráfica vertical e redondeada, cunhas maiúsculas grandes e ornamentadas e unhas minúsculas enlazadas. Dá ao texto un certo carácter de humor elegante moi apropiado para invitacións, tarxetas, avisos, etc.