Creada por John Critchley en 1993 para a fundición FontFont, esta orixinal tipografía infantil posúe seis variantes, creadas con rotuladores de grosores dispares, que comprenden a escritura manual de nenos de entre cinco e dez anos de idade. Ademais, esta familia inclúe un xogo de debuxos feitos por nenos e outros efectos de pintura que a fai moito máis útil e flexible. Para conseguir unha maior autenticidade, as variantes de menor idade inclúen unha opción para poñer as letras do revés e producir deliberadamente faltas de ortografía. Moi útil para crear deseños efectivos e amigables destinados ós máis pequenos.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)