Creada por Carol Twombly en 1989, esta tipografía está inspirada nas inscricións que se atopan talladas na base da columna de Trajano, levantada en Roma en 113 para conmemorar a conquista de Dacia polo emperador Trajano (53-117). Crese que as letras foron escritas primeiro cun pincel e posteriormente talladas na pedra. Twombly rematou a tipografía engadíndolle números e signos de puntuación, ademais dunha versión Bold empregada para resaltar o texto. A súa interpretación dun estilo antigo dou lugar a unha letra clara, dotada dunha gran beleza e elegancia, que funciona moi ben en traballos de exhibición en libros, revistas, carteis e publicidade.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)