Pertencente á macro familia Lucida, creada por Charles Bigelow e Kris Holmes en 1985, esta foi unha das primeiras tipografías dixitais orixinais de máquina de escribir. Posúe algunhas características comúns coa Lucida Bright como os sutís cambios de grosor nos paus e a alta lexibilidade. Moi apropiada para aqueles deseñadores que prefiran unha tipografía máis pesada que a Courier pero que sexa clara e fácil de ler. A versión Bold posúe o mesmo ancho que a Regular e as oblicuas son iguais ás redondas pero inclinadas. Adoita empregarse en impresos de correspondencia ou noutros materiais de negocios onde se requira un estilo monoespazado.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)