Etiquetas: Adobe, Xornais

Deseñada por Robert Slimbach en 1989 para Adobe, está inspirada nas tipografías transicionais do século XVIII como a Baskerville ou a Walbaum, pero ao mesmo tempo combinada con detalles máis contemporáneos nas súas formas e trazos. Foi creada para solucionar diversos problemas tipográficos relacionados coa correspondencia en oficinas polo que posúe unha gran flexibilidade grazas ás diferentes variantes que a forman como capitulares ou caracteres expertos. Isto, unido á súa aparencia forte e equilibrada, a converte nunha excelente opción para gran variedade de aplicacións como comunicación corporativa, publicidade ou periódicos.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)