Xunto coa Vera Sans e a Vera Sans Mono, forma parte dun grupo de tipografías de licenza libre deseñadas por Jim Lyles para Bitstream e lanzada pola fundación GNOME. É moi común en sistemas operativos Linux grazas á súa gratuidade e a funcionar moi ben en pantalla. Tamén é unha excelente opción en aplicacións destinadas a ser impresas en papel como identidade corporativa, publicidade e textos curtos. A ausencia de variantes cursivas réstalle posibilidades e flexibilidade aínda que ao ser un proxecto en continuo desenvolvemento é posible que se solucione ese problema nun futuro.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)