Tipografía monoespaciada sen serifas que forma parte da macrofamilia Vera, xunto coa Vera Sans e a Vera Serif. Foi deseñada por Jim Lyles para Bitstream e distribuída gratuitamente pola fundación GNOME. Unha boa opción para programadores e maquetadores web como substituta da Courier, grazas á súa aparencia máis moderna e óptima lexibilidade en pantaia que facilita o traballo con código.