A Fairfield orixinal data de mediados do século XX. Rudolph Ruzicka, un artista e ilustrador, deseñou os pesos Light (1940) e Medium (1949) para a fundición Linotype. Trátase dunha atractiva tipografía de estilo moderno, con algunhas características do estilo antigo e humanístico, e incluso posúe algúns detalles inspirados no Art Decó, que lle proporcionan unha aparencia distintiva. Posúe uns trazos rectos, cun gran contraste entre os paus finos e grosos que recordan a outras tipografías modernas como a Bodoni ou a Didot pero cunha aparencia máis do século XX. Segundo Ruzicka “O lector espera unha axuda óptica na lectura. Non desexa distraerse mentres interpreta e asimila as ideas dun texto”, por iso é unha fantástica opción como tipografía de texto en libros, revistas e periódicos. En 1991 lanzouse en versión dixital, sufrindo unha remodelación a cargo de Alex Kaczun, que lle engadiu os pesos Bold e Heavy ademais de capitulares, figuras antigas e unha variante chamada Caption, consistente nun estilo romano inclinado, deseñado orixinalmente para a revista National Geographic.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)