Tipografía creada por Morris Fuller Benton en 1932 para a American Type Founders. Coa súa aparencia condensada e os seus trazos angulosos sáese das raíces do século XIX para converterse nunha gótica cun tratamento moi moderno e innovador e cunha gran tensión vertical. As súas formas escapan da liña curva, estando construídas a base de liñas verticais, horizontais e diagonais. Carece de serifas e os remates dos trazos son diagonais. As maiúsculas están creadas a base de complexas formas xeométricas combinadas con finas liñas diagonais e verticais. Moi apropiada para rótulos, carteis e como tipografía de produtos tradicionais como a cervexa.