En 1998, Majoor comezou a traballar como deseñador gráfico para a Vredenburg Music Center situada en Utrecht, nos Países Baixos. A Scala foi desenrolada especificamente para ser empregada no seu material impreso e posteriormente pasou a ser a primeira tipografía seria que lanzou a fundición FontShop International baixo o selo FontFont. Igual que moitas outras tipografías comercializadas nesa época, a Scala de Majoor posúe unha estética que tende cara a neutralidade pero contando cun toque especial. Trátase dunha tipografía con serifas moi seria, adecuada a un gran número de aplicacións como identidades corporativas ou impresos comerciais.