Tipografía romana moi lexible creada polo deseñador inglés Ron Carpenter cando traballaba para Monotype Imaging. As súas proporcións clásicas xunto cun tratamento caligráfico moi sutil proporcionan unha gran elegancia e limpeza na páxina impresa. Posúe unha gran versatilidade ao ser unha excelente tipografía de texto cunha cor uniforme que, pola súa construcción robusta, tamén funciona perfectamente a tamaños máis grandes de exhibición. Por iso é unha interesante opción para os deseñadores á hora de desenrolar un libro, unha revista ou calquera traballo publicitario.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)