Tipografía creada polo deseñador inglés Robert Harling en 1938 e lanzada por primeira vez pola fundición Stephenson Blake. Os seus caracteres están baseados nos tipos de madeira, moi populares nos carteis dos westerns. A súa aparencia é forte e robusta como o salvaxe oeste, polo que é unha moi boa opción para empregar en títulos e carteis con esa temática. As súas serifas son máis potentes que os trazos principais das letras, característica propia do estilo italiano, moi popular a finais do século XIX.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)