Deseñada a principios do século XX foi a tipografía romana máis popular das creadas por Eric Gill. Tratase dunha adaptación dun estilo de letra utilizado para gravar na pedra nalgúns monumentos. Orixinalmente foi deseñada para unha edición limitada do libro “The Passion of Perpetua and Felicity”, título do que se derivou o seu nome actual. De feito, a versión itálica chamouse nun principio “Felicity”. Os debuxos que Eric Gill fixo a gran escala recolleunos Charles Malin, un cortador de tipos de París que fixo o molde que serviu de base para que a fundición Monotype a publicara entre os anos 1925 e 1932. A súa aparencia formal débese en gran parte ás súas pequenas serifas triangulares, os seus trazos limpos e formas clásicas que a converten nunha excelente tipografía para texto. Grazas ás fermosas capitulares que posúe podemos empregala tamén como tipografía de exhibición con brillantes resultados.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)