Creada polo deseñador inglés Jonathan Barnbrook en 1991 para a fundición Emigre, o seu nome parece unha broma de humor negro aínda que en realidade está inspirada nos rótulos gregos labrados na pedra. Os seus remates e a forte xeometría coa que conta suxiren a utilización dunha ferramenta non demasiado refinada para tallala. Foi deseñada orixinalmente para o anuario europeo “Illustration Now”. Segundo Barnbrook, “eu nunca entendín realmente a idea dunha tipografía con serifa ata que a experimentei debuxándoa. Existen varias teorías de cómo naceron. Unha delas atribúea ao remate que se pintaba nos extremos das letras cun pincel e a outra explica que a creación dun remate no final dos trazos cando se labraban na pedra deu lugar á idea da serifa. Eu intentei os dous métodos. O traballo co pincel foime útil para ter unha primeira impresión de cómo se crean as serifas. Co labrado na pedra atopei unha experiencia moito máis esclarecedora porque é radicalmente distinto a deseñar unha tipografía nun Macintosh. Esto tamén implica un maior esforzo físico pero sentía como deixaba gravadas as miñas marcas para sempre. Esto fíxome plantexarme varias preguntas sobre a realidade da tipografía. É a tipografía labrada na pedra máis “real” que a fotografada”?


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)