Tipografía deseñada por Joy Redick en 1990 para a fundición dixital de Adobe. Durante a revolución industrial do século XIX, o deseño tipográfico norteamericano tirou máis cara as formas grandes e pesadas que na maioría das ocasións foron cortadas en madeira en vez de metal. Formada soamente con caracteres maiúsculos, a Ironwood trátase dunha homenaxe a esas vellas tipografías de madeira que foron moi empregadas sobre todo nos carteis de películas do salvaxe oeste como os míticos “Wanted” (búscase). Por eso esta tipografía é tan evocadora dos westerns e as súas formas robustas e atractivas son máis efectivas nun tamaño grande.