A Spectrum está baseada na tipografía creada polo gran tipógrafo holandés Jan van Krimpen durante os anos 1941 a 1943 para usar na impresión dunha Biblia da editorial Spectrum, situada en Utrecht. Posteriormente o proxecto da Biblia foi cancelado pero a beleza e universalidade da obra de van Krimpen fixo que a fundición Monotype se decidira a rematala e publicala en 1952. A versión redonda de estilo aldino veneciano caracterízase polas súas curvas apoiadas na pluma caligráfica e a súas serifas oblicuas. As itálicas están baseadas na caligrafía de Ludovico degli Arrighi e a forma do “g” minúsculo é moi evocadora das itálicas de Jan van Krimpen como a Lutetia e a Romanée. Trátase dunha tipografía extremadamente lexible, cunhas proporcións estreitas debido á súa orixe bíblica e que pese a estar baseada en formas clásicas, a súa aparencia non resulta antiga. Esto fai que estea dotada dunha gran elegancia, moi apropiada para libros e revistas de calidade. Pode ser empregada con éxito tanto en tamaños moi pequenos como en titulares.