En 1955 o tipógrafo alemán Hans Mardersteig (que en 1937 italianizara o seu nome cambiándoo polo de Giovanni) concibiría esta fermosa tipografía en colaboración co punzonista francés Charles Malin. Pacioli realizaría unha versión para titulares baseada en letras capitulares. A primeira vez que se empregou foi para a edición do “Trattatello in aude di Dante” de Boccacio, título de onde recibe o seu nome. Aínda que nun principio foi creada para uso privado, en 1957, e por suxerencia de Stanley Morison, foi adaptada para a composición mecánica por John Dreyfus para Monotype debido á enorme calidade que posuía. Ron Carpenter redeseñouna en 1993 adaptándoa ao medio dixital. Esta nova versión, libre de calquera restricción imposta pola tecnoloxía do chumbo, posúe unha aparencia elegante e fermosa, moi apropiada para textos longos como libros, revistas ou periódicos.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)