Friedrich Hermann Ernst Schneidler, profesor e deseñador de tipos, creou esta tipografía en 1936 para a fundición Bauer. Está baseada nas tipografías venecianas ou humanísticas do período do renacemento, herdando a súa beleza e proporcións clásicas. Tratase dunha tipografía fina, lexible e elegante. Os seus signos de interrogación son unha das súas características máis orixinais.