Deseñada por Stephan Müller e Cornel Windlin en 1993, esta tipografía foi creada orixinalmente para a exhibición “Visualize The Future” (Visualiza o futuro) na Parco Gallery de Tokío. Había unha serie de carteis imitando as pantallas dos caixeiros automáticos que chamaban a atención dos espectadores cunha serie de frases e preguntas sobre o seu modo de vida. A tipografía está inspirada nas pantallas de cristal líquido (LCD) existentes e foi redeseñada e ampliada por Stephan Müller.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)