Foi deseñada por Firmin Didot en 1783. Naquel tempo e durante cen anos, varios membros da familia Didot traballaron en París como deseñadores, algúns tamén eran impresores, tipógrafos, escritores ou inventores. Polo ano 1800 posuían a fundición máis importante de Francia. Pierre Didot imprimiu libros coas tipografías deseñadas polo seu irmán Firmin. A tipografía Didot definiu as características do novo estilo romano moderno coa súa extrema tensión vertical, gran contraste entre os paus finos e grosos e as súas rectas e finísimas serifas proporcionándolle unha aparencia moi clara e elegante. O seu éxito foi tal que se converteu no tipo de Francia e no estándar nacional para as publicacións francesas. Foi a tipografía que usou Giambattista Bodoni para crear a súa propia romana en Italia, e aínda que son moi similares entre si, esta última transmite unha maior rixidez e robusteza mentres que a Didot é mais elegante e cálida.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)