Deseñada por Matthew Carter en 1972 para a fundición Linotype, estaba pensada para ser empregada en máquinas tipográficas fotográficas. Baseada na escritura inglesa dos séculos XVIII e XIX, o seu obxectivo era realizar unha tipografía elegante con diferentes variantes. Por eso creou tres versións distintas, Allegro, Andante e Volante, que se diferencian unicamente nas maiúsculas. Estes termos musicais foron escollidos por Carter para describir a aparencia de cada versión. A Shelley Script Andante é máis reservada e con menos ornamentación. A versión Allegro ten un trazo máis solto e artístico, ao estilo da Kuenstler Schreibschrift. A Shelley Script Volante posúe uns trazos curvos como remuíños que lle outorgan a máxima expresividade e o “z” minúsculo ten unha forma máis afrancesada. Estas tres versións pódense mesturar entre si proporcionando ao texto un caracter caligráfico máis individual e exclusivo. Trátase dunha tipografía moi apropiada para deseños elegantes como invitacións, diplomas, tarxetas de visita e incluso publicidade ou empaquetado.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)