Creada pola deseñadora Judith Sutcliff en 1990, esta baseada na caligrafía do artista italiano Giovanni Antonio Tagliente, que viviu en Venecia no século XVI. Posúe unha altura do “x” extremadamente pequena o que fai que teña que ser empregada a tamaños moi grandes. Esta tipografía fermosa e distintiva outórgalle aos impresos unha gran elegancia. As súas maiúsculas, tanto na versión normal como na Tagliente Initials, funcionan perfectamente como iniciais independentes, combinados con outras tipografías distintas.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)