A macrofamilia Lucida, deseñada por Kris Holmes e Charles Bigelow, foi unha das primeiras familias pensadas tanto para o seu uso en pantalla como en impresoras láser. Está composta por un gran número de subfamilias distintas como a Lucida Typewriter, Lucida Sans, Lucida Console ou a Lucida Bright. Esta tipografía con serifas publicada en 1987 resulta moi lexible grazas á gran altura do “x” e o contraste entre os paus finos e grosos. Posúe unha aparencia formal e elegante moi apropiada para textos longos que tamén funciona perfectamente a tamaños de exhibición como títulos. Isto débese a que aínda que se trata dun deseño moderno, as súas formas internas están baseadas no renacemento italiano. É o complemento perfecto da Lucida Sans e entre as súas innumerables aplicacións podemos citar libros, manuais, revistas, xornais, guías ou calquera outro deseño que teña que ir impreso en baixa resolución como impresoras ou pantallas.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)