Creada por Justin Callaghan en 2000, esta tipografía está inspirada nos logotipos e titulares caligráficos de Walt Disney pretendendo captar o espírito da coñecida compañía. Segundo Callaghan “aínda que algunhas letras foron sacadas dos logotipos de Disney, a maioría debuxeinas a man conservando o mesmo estilo”. Esta versión (4.2) estrea nome xa que anteriormente era coñecida como Walt Disney Script e engadíronselle novas ligaduras, caracteres alternativos e outras melloras que aumentan a lexibilidade en tamaños pequenos e pantallas de computador. Resulta moi adecuada para deseños destinados a nenos e, obviamente, calquera impreso que teña algunha relación co universo de Walt Disney.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)