Etiquetas: Alemaña, Weimar

Tipografía cortada orixinariamente por Justus Erich Walbaum en Weimar alá polo ano 1800. Era a versión alemá das grandes tipografías modernas europeas como a Bodoni e a Didot, e comparte moitas características con elas como a tensión vertical, o gran contraste nos grosores dos paus ou as finas e rectas serifas. Tamén posúe caracteres moi diferentes como a ausencia de serifa na parte baixa do “b” ou a curiosa cola asimétrica do “Q”. Unha das máis singulares tipografías modernas, de gran fermosura e lexibilidade.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)