Just van Rossum, tipógrafo nacido nos Países Baixos, deseñou esta tipografía en 1990 para a fundición FontShop International. Trátase dun estudo sobre as letras góticas fracturadas alemás que conta cunha versión condensada e outra cos bordos arrogados, aparentando que está feita á man nun papel non demasiado liso. Como curiosidade, existe un símbolo da paz oculto entre os distintos caracteres dispoñibles.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)