Esta tipografía, deseñada por Herbert Maring en 1991, forma parte do programa de Linotype “Type before Gutenberg”, que recolle o traballo de doce deseñadores contemporáneos representando os estilos tipográficos aparecidos ao longo dos anos. O nome de Clairvaux débese a un dos fundadores no século XI da Orde Benedictina Cisterciense, Bernardo de Claraval (Bernard de Clairvaux). Esta tipografía gótica está baseada nas típicas letras debuxadas a pluma no século XI aínda que as súas formas foron lixeiramente simplificadas con respecto ás orixinais para proporcionarlle unha alta lexibilidade. Este estilo, denominado gótico temperán, resulta moi versátil en aplicacións de exhibición.