Tipografía deseñada por Hermann Zapf en 1952 por encargo da fundición Stempel, que pretendía sacar unha tipografía de alta lexibilidade optimizada para o seu uso en xornais. As súas formas están baseadas na elipse encaixada dentro dun rectángulo, coñecida como super elipse. Basta con ver a letra “O” maiúscula para poder apreciar este concepto. Posúe unha aparencia robusta pero cunhas formas clásicas. A súa extrema lexibilidade faina moi apropiada para todo tipo de textos incluso a tamaños pequenos como periódicos, informes, boletíns, etc.